NOITE DOS TOLOS - 11 do 11 de 1995
TOLOS DE IDA E VOLTA
"algo máis que un recital"
Pasou un ano e outra vez aquí, en
Lugo, celebrando ‘‘‘‘O día DOS TOLOS’’’’ con palabras altisonantes e sen
necesidade de matices. Si, outra vez, cheos de vivencias, de soños, de fetiches
emocionais ... e de escaravellos da sorte. De abrazos compartidos co vento e cegados
de ilusión.
Pasaron moitas cosas pero, si quero
nomear a ós que hoxe son os meus cómplices, e aínda que por circunstancias
persoais algúns non están fisicamente, sei moi ben que están apoiándome coas
súas vibracións nesta noite de Tolos de Ida e Volta ‘algo máis que un recital’
e que nomeo para agradecerlles a súa confianza e o seu altruísmo:
Marica Campo, Lois Diéguez, Manuel
Xose Neira, Isidro Novo, María Reimóndez, Xoán Laxe, Lola Solana, Berta Barcia,
Mª José Meilán, Mercedes Acebedo, Tonina Gay, Tareixa Campo, Alfonso Pérez Álvarez
que con Mercedes e Mar Migueiz Santín preséntannos ‘Chono-Plof’, ao noso mordomo,
coordinador do espectáculo, Suso Meilán,
o son de Xoán García, de Ith música. Así como a colaboración da revista ‘Lugo
Cultural’ e á dirección do ‘Pub Egidto’.
Voume,
máis antes quero recordar a ós que no están, porque deixaron de existir; fóronse
quizais a outro espazo, mundo, galaxia, para continuar encandeando a outros
coas súas tolerías de ida e volta. E sensacionalismos a un lado, quixera
lembrar a estes catro tolos para renderlles a miña homenaxe póstuma: Lola
Flores, seu fillo Antonio, Michael Ende e Trapero Pardo.
Nós,
coma vós, desexamos pasar un cacho agradable, cheo de... cordura? Agradézovos a
vosa presenza e, resaltar a colaboración desinteresada de todos os que aquí
participamos. Sen máis e como di Nacha Guevara: "Que salgan los
clowns"
Jose
Blázquez
- As veces os soños son a mellor maneira de realizar as nosas tolemias. As veces un percorre o camiño sen decatarse dos flancos e perde o encanto por mirar sempre diante. E por todo isto, quero que dende hoxe espertes o meu corpo, pero nunca, nunca espertes o meu soño.

























































